Que trata de sentimentos ou procura causar emoción.
Etimoloxía
Considérase que o étimo desta palabra é o francés romantique.
Exemplos *
"Despois daquel relato, podíase comprender que a teima do conde por deter o tempo na casa non proviña simplemente dun sentimento romántico." (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)
"Sempre viramos nela a tía solteira, adusta, máis vella que a miña nai e menos fermosa, e agora resultaba que vivira un romántico idilio, un amor prohibido." (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.