romeiro, -a

Peregrino / Persoa que vai a unha festa que se celebra por motivos relixiosos

Etimoloxía

Voz que nos chega do baixo latín romaeus, e este do grego de Bizancio rōmaîos; literalmente 'romano', nome que se lle outorgaba alí aos occidentais que ía de peregrinación a Terra Santa e logo aplicouse a calquera peregrino.

Exemplos *

“Por valiñas, por chairas e por serras / agabea connosco o mar profundo / pra dicir como fomos romeiros.” (Darío Xohán Cabana: Patria do mar, 1989)

"Foi o teu corpo o mar e todo o peixe / do que fun mariñeiro fracasado. / E foi tamén un Pórtico da Gloria / onde romeiro quixen ser un anxo”. (Bernardino Graña, Se o noso amor e os peixes..., 1980)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.