roncar

Respirar ruidosamente durante o sono

Etimoloxía

Vocábulo procedente do latín rhonchare ‘roncar’ ou ‘resoar’.

Exemplos *

“Cando se filtra a primeira luz do día, Nico xa non ronca pero segue a durmir coa boca medio aberta.” (Manuel Rivas: Os comedores de patacas, 1993)

“Pouco despois empezou a roncar, cansa de toda a enerxía que gastara , soñando coa súa vinganza.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.