roncexar

Respirar ruidosamente durante o sono

Etimoloxía

Termo que xorde por derivación sobre o verbo “roncar” que vén do latín tardío rhonchare de significado semellante.

Exemplos *

“E alí adormeceu; e mentres durmía acendéronselle os pés, que eran de pau, e pouco a pouco fóronlle ardendo e volvéndose cinsa. E Pinocchio seguía a durmir e roncexar coma se os pés non fosen del.” (Carlo Collodi: As aventuras de Pinocchio [trad. Antón Santamarina Fdez.], 1987)

“No xardín de Brigantia, a pintora de San Roque, o gato Felisiño Trampulleiro estaba deitado no banco de pedra, roncexando.” (Heidi Kühn-Bode: Tres mulleres do seu tempo, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.