ronquido

Ruído que se fai ao roncar

Etimoloxía

Vocábulo que se deriva do verbo “roncar” que vén do latín tardío rhonchāre, e este deriva do grego rónchos 'ronquido'.

Exemplos *

“Serafina xa non tiña medo, pois o tempo fora domando as sombras que os obxectos e os mobles daquela casa proxectaban nas paredes. Tamén se habituara aos ronquidos da tía Perfecta, ás súas normas e á súa actitude fachendosa.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)

“Xenaro deu unha volta debaixo das mantas, contivo o ronquido e tentou de espantar o que lle pareceu un pesadelo.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.