Flor da roseira, de cor branca, rosa, amarela ou vermella, e de recendo moi agradable
Etimoloxía
O termo que procede directamente do equivalente latino rosa de igual significado.
Exemplos *
“Houbo,/ houbo un tempo,/ un tempo en que cantaban os paxaros/ e as rosas frorecían/ âs beiras dos camiños./ As ditas, de mans dadas,/ percorrían o mundo./ E as eu bicaba, no panasco dondo.” (Ricardo Carballo Calero: O silenzo axionllado, 1934)
“Saltaba desde a súa aira da contigua casa do Ferreiro ao xardín das rosas de Dona Eladia Pedrayo, quen lle daba a merenda de froita nun fermoso prato de señora de casa grande.” (Olga Novo: Luzes,11- 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.