Pan ou doce redondo, non moi alto e cun burato no medio
Etimoloxía
Termo de orixe incerta.
Exemplos *
“A señora Eudoxia era unha muller pequena, fraca, coa cara encorreada. (...) Pola mañá, ó peitearse, facía un moño no medio e medio da testa, semellando unha rosca de Pascua.” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz, 2000)
“A rosca de Pascua é tradicional en toda Galicia, e especialmente no sur, onde a tradición dos padriños tamén está moi viva.” ("Sobremesas de Pascua. Que diferencia a Mona de Pascua, a Rosca de Pascua e o Pan de Ovo?", en https://leitelarsa.es/gl/blog [visto 18-3-2026])
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


