Doce en forma de rosca feito con ovos, leite, fariña e azucre.
Etimoloxía
É un derivado de rosca, voz que se supón que é prerromana.
Exemplos *
"Tamén a masa resulta especial con relación á dos demais sitios, por levar gran cantidade de ovos e manteiga, obtendo como resultado unha grosa e esponxosa masa de roscón." (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)
"Chove e a auga vai medrando como o roscón no forno e ampliando a pociña. " (Xesús Manuel Marcos: Terra queimada)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.