Rosca pequena cuberta de azucre derretido
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “rosca” termo do que se descoñece a orixe, pénsase que podería ser prerromana.
Exemplos *
“O vello Benito, comunista de sempre, que tiña taberna no cruce, chamounos e encheunos os bulsos de rosquillas.” (Carlos Mella: Memoria dun ninguén, 2009)
“Preguntábano uns parentes da aldea ós que ela obsequiou con rosquillas de anís, que ti lle axudaras a amasar, e con viño quinado Sansón, en dedais de porcelana chinesa.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron / Con Franco na Zapateira, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.