rosquilleiro, -a

Persoa que fai ou vende rosquillas

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre “rosquilla” e este de “rosca”, de orixe incerta, quizais prerromana.

Exemplos *

“O Xan non lle desagradou o conto e seguiron abríndose camiño entre os feireantes deica chegar onda rosquilleira.” (Manuel Rodríguez López: Reencontro coa aldea, 1983)

“O motivo quedou xustificado de abondo polo feito de que as rosquilleiras do lugar tiñan sona de seu nos arredores.” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.