rotativa

Máquina de imprimir en que a forma e os órganos esenciais son cilíndricos, o que lle permite traballar con movemento continuo e alcanzar unha gran velocidade.

Etimoloxía

Deriva dunha forma do verbo latino rotare 'mover de xeito circular'.

Exemplos *

"Seguro que moitos se acordarán dos primeiros anos, cando se comezou editando nun papel branco A-3, en imprenta, para logo pasar á rotativa xa con papel de prensa …" (Rosabel Candal Bouzas: Galicia Hoxe 27-02-2005)

"O peor era despois da unha, cando o director mandaba que comezase a imprimir a rotativa …" (Albino Mallo: O Correo Galego 16-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.