rouco, -a

Son, voz etc. áspero e pouco claro / Afectado de rouquén

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latino raucum de significado semellante.

Exemplos *

“Na sombra da entrada da cociña eu fico escoitando os murmurios roucos do home da patroa, sen querer entremeterme aínda sabendo que sería ben acollido nese cadro íntimo.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

“Bécquer deu a volta disposto a irse, e Ricardo baixou a cabeza e mirou cara ós seus pés, coma se estivese a pensar en algo que requiría moita concentración. Volveu falar, coa voz máis rouca e estragada ca nunca, facendo que Jon se detivese.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.