rouquén

Doenza da gorxa que provoca a falta temporal da voz.

Etimoloxía

Vocábulo que nace sobre rouco que vén do latín raucus, –a, –um 'rouco', 'grave'.

Exemplos *

"Consulte ó seu médico se ten calquera síntoma persistente coma tose, rouquén, cambios no ritmo intestinal ou unha perda de peso inexplicable" (F.J. Peña Castiñeira: Manual de saúde ambiental)

"Gargarexou un anaco para evitar o rouquén que lle trababa a gorxa e repetiu varias veces a chamada." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.