rubí

Variedade de corindón, transparente e de cor vermella, que ten moito valor como pedra preciosa.

Etimoloxía

Chega desde o catalán robí 'rubí', que se crea no latín medieval rubinus e este do clásico rubeus, –a, –um 'vermello'.

Exemplos *

"Recoñeceu o escudo na profusión dos brillantes con aquel rubí no medio como un coágulo de sangue." (Mª Xosé Queizán: O solpor da cupletista)

"Urraca pousou os beizos no rubí do anel." (María Gándara: Magog)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.