rublo

Unidade monetaria da antiga Unión Soviética, utilizada hoxe na Federación Rusa.

Etimoloxía

Adaptación do vocábulo ruso rubl, ‘bloque de madeira’.

Exemplos *

“¡Quen llelo ía dicir cando derrochaban rublos polos casinos europeos! Claro que aquilo da revolución bolchevique ata ela o vira vir.” (Mª Xosé Queizán: O solpor da cupletista,1995)

“Ten unha bolsa que lle cobre estudios, residencia, comida e cen rublos ó mes... poucos cartos, pero suficientes porque non hai moito onde gastalos.” (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos Homes. Galegos no mundo, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.