rufo, -a

Persoa maior que se mantén áxil e con saúde

Etimoloxía

Voz que nos chega desde a latina rufum ‘vermello’.

Exemplos *

“Os vellos conservábanse rufos, mais non gastaban as enerxías en traballar, fóra de labores pequenos coma facer o xantar ou picar un pouco de leña para o inverno, que de verán só acendían a cociña de butano.” (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras, 1994)

“"Veña, tía Lola, non empece coa súa retrónica, que está vostede máis rufa que moitas de vinte. Aínda maldito se calquera día destes non a hei volver ver casada." E a vella a persignarse, falsamente escandalizada.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra. Os amores imposibles, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.