rumba

Danza popular cubana de raíces africanas, bailada xeralmente por unha parella solta, e caracterizada pola súa marcada sensualidade.

Etimoloxía

Procede do español de Cuba rumba 'baile provocador' que remite en última instancia ao latín rhombus, –i 'elemento máxico'.

Exemplos *

"A mulata María Asunción bailaba a rumba partíndose o corpo e a alma." (Antón Risco: Tres situacións elementais)

"O mesmo pobo que se divirte coas alboradas dos gaiteiros, baila en sesión vermú unha rumba cantada por un grupo de por aquí que pon seseo nas letras, arrímase con pasodobres pola noite." (Luis Carlos Rodríguez: O Correo Galego 05-05-1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.