Que actúa con gran xenerosidade
Etimoloxía
Termo derivado sobre a palabra “rumbo”, que vén, inicialmente, do vocábulo latino rhombus ‘rombo’, que é a figura o debuxa o compás para o significado de dirección; porén na acepción de ‘xenerosidade’ a súa orixe é dubidosa.
Exemplos *
“Como xa eu imaxinara, este tipo de historias espertaban a súa simpatía. Rumboso e gastador, o tipo. Invitárame a ir con el ó Vilas a bebermos xuntos unha botella de champán acompañada dun par de ducias de ostras.” (Anxo Rei Ballesteros: Loaira, 1992)
“–Vai a escote pericote –advertiu Madarnás–, pero se este segue así de rumboso, imos ter que pagar coa Visa Ouro.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


