Ruído confuso e apagado, particularmente de voces
Etimoloxía
Palabra que procede da latina rumor, -ōris de significado semellante.
Exemplos *
“Xermán Moliner oe un rumor de xente, achégase á fiestra e ve como todas as mulleres da conserveira van abandonando os seus postos e se dirixen cara alí, ao alto onde, a xeito de ponte de mando, está situada a Dirección.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)
“Despois, cando foi vivir para Saídres, á casa da avoa Ramona, o tren xa pasaba máis lonxe e o seu ruído quedaba a expensas de que lado viña o vento: se viña do Corpiño, ese día non oían pasar o tren; se viña de Negreiros, e case sempre viña de alí, oían o seu rumor ao lonxe.” (Ana Cabaleiro: As Ramonas, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


