rumoroso, -a

Que produce ou causa rumor

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “rumor” que procede da latina rumor, -oris de significado semellante.

Exemplos *

“Que din os rumorosos / na costa verdecente, / ao raio transparente, / do prácido luar?” (Eduardo Pondal e Pascual Veiga –música–: Os Pinos, 1890)

“Ollarei como se ispen os bidueiros da súa follaxe amarela e lembrarei cando mozas nos vestiamos para ir aos bailes. E cando os violíns das choivas ataquen rumorosos o primeiro movemento, acenderei candeeiros nas fiestras para que guíen os vagabundos polos camiños do Øresund.” (Miguel Mato Fondo: Adeus , capitán Walton, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.