rupestre

Pintado ou gravado sobre a rocha, en particular no interior de cavernas / Relativo ou pertencente ás rochas

Etimoloxía

Palabra que nos leva ao latín rūpestris ‘vive sobre as rochas’, desde a voz latina rūpēs ‘pedra’ ou ‘rocha’.

Exemplos *

“A arte rupestre é en Galicia unha grande descoñecida ", afirma o arqueólogo Juan Anca, "a xente non sabe que vivimos nunha concentración de arte rupestre sen parangón en Europa.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 12-2014)

“As orixes da historia do libro remóntanse ás primeiras manifestacións pictóricas dos nosos antepasados, a pintura rupestre do home do Paleolítico. A información foi, durante moito tempo, celosamente resgardada.” (Lupe Gómez: Galicia Hoxe, 12-4-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.