Sucesión de vías que se percorren ou que hai que percorrer para ir a algún lugar concreto ou que unen dous ou máis lugares entre si
Etimoloxía
Palabra que nos chega desde o francés route, que remite ao latín [via] rupta 'camiño aberto no monte'.
Exemplos *
“Carballo puxo en marcha un programa de rutas a pé pola rede de sendas ciclopeonís do proxecto Cicl-Ando Carballo co fin de seguir avanzando cara unha mobilidade máis sostible e promover hábitos de vida saudables.” (Redacción: El Correo Gallego, 24-7-2023)
“As propostas camiñan no eido da mobilidade eléctrica, a mellora do uso dos ríos como vía de transporte ou a mellora de camiños e rutas de sendeirismo para favorecer percorridos a pé ou en bicicleta, reducindo o uso do vehículo particular.” (AA.VV.: https://osil.info/, 27-9-2023) [visto: 11-9-2026]
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


