sabotaxe

Acción que consiste en destruír ou deteriorar de maneira voluntaria unha cousa, para impedir o seu funcionamento

Etimoloxía

Vocábulo que se adapta do equivalente francés sabotage ‘manobras para provocar un prexuízo’.

Exemplos *

“REALÍZATE // no traballo // e acouga // a intención // da sabotaxe. // Pois a relixión destroza // Principio preciso e libertario.” (Xela Arias: Intempériome, 2003)

“Os americanos, que tanta présa tiveron para botarnos a culpa da sabotaxe (se aquilo foi unha sabotaxe, que eu non o sei), tamén debían dicir o que fixemos nós despois da explosión, porque fomos moitos os que xogamos o pelello para libralos das lapas.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda / A medalla de Xeneroso Lamas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.