Anfibio da familia dos salamándridos, de pel lisa e brillante, de cor negra con manchas amarelas
Etimoloxía
Vocábulo de orixe prerromana.
Exemplos *
“Cada un come o que pode –retruqueille–, que se tivera un cabazo cheo de maínzo, coma o seu, non andaría ás cobras nin ás sacabeiras. E non é de mal agoiro. A min dáme recado sempre que aparecen os da Benemérita e estoulle moi agradecido.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)
“Resultaron todas designacións acaídas, encaixadas, como luva á medida, no ser e nas calidades de cada besta. Que mellor nome que león para o león; araña para a araña; píntega para a sacabeira e xato para o pucho? E xa non digo nada a de escornabois para a vacaloura.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


