sacar a bailar

Convidar a bailar

Etimoloxía

Frase que se forma co verbo “sacar” que procede quizais do gótivo sakan 'preitear' e a voz “bailar” do latín tardío ballāre, e este bebería no grego pállein 'axitar', 'bailar'.

Exemplos *

“Ela tiña ido algunha vez pero non lle facía gracia que os mozos a sacaran a bailar (...). Ela levábase ben cos homes, pero doutra maneira, como camaradas .” (María Xosé Queizán: Ten o seu punto a rosa, 2000)

“Alberte , xa ben entrada a noite , foi bailar con Consuela. Ela estaba máis seria que de costume. —Xa pensei que non me viñas sacar a bailar.” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.