sacarina

Substancia branca de sabor doce, que se emprega como sucedáneo do azucre.

Etimoloxía

Orixinouse a partir do grego sákkhar, –aros 'azucre'.

Exemplos *

"…partida de brisca acompañada de café con leite e sacarina para dixerir e non incrementar as múltiples proteínas e carbónicos hidratos do xantar." (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)

"Almorzaba eu aquela mañá, como todas as outras, cun cunco de café con leite máis unha pedriña de sacarina…" (Antón Dobao: Incertos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.