sacha

Acción de sachar // Época en que se realiza este labor

Etimoloxía

Palabra derivada do verbo “sachar” que vén do latín sarculāre ‘limpar’.

Exemplos *

“Ao contrario de todos os veciños, el puxera un horario de traballo e respectábao cun escrúpulo que estremaba por veces na manía. Á volta da roza, da sega, da sacha do maínzo ou da malla, sempre se bañaba en auga fría, todos os días, fose verán ou inverno.” (Antón Riveiro Coello: As Rulas de Bakunin, 2001)

“No San Xoán, debe ser un tempo despexado para facilita-la colleita de herba e as tarefas da sacha das patacas.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.