sachar

Remover a tona da terra a un cultivo co sacho, coa sacha ou con outros instrumentos aptos para ese labor.

Etimoloxía

Vén do latín saculare, formado sobre saculum, -i 'sacho'.

Exemplos *

"… no tempo das cereixas daquel ano _sería a principios de xullo, polo tanto_ deixáronnos na aira a miñas irmás máis pequenas e a min os da casa mentres ían sachar o millo." (Xosé Avilares: Memorial de agravios)

"… a aixada formada por unha lámina de ferro cuxo tamaño e forma varía duns lugares a outros, é o apeiro de labranza que máis se usa para sachar." (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.