sacho

Utensilio de labranza para remover a terra, que ten formas e tamaños diversos segundo os lugares e que pode ter ou non gallas na parte de atrás

Etimoloxía

Palabra derivada da latina sarculum, ‘instrumento de cavar a terra’.

Exemplos *

“O sacho tamén, de cando en vez, escaravellaba a terra para arrincar os canotos das silvas.” (Antón Cortiza: Leonel, 1996)

“As mulleres usaban un sacho e un cesto, que enchían de terra e levaban na cabeza por múltiples vereas ata o leito do val.” (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.