Expedición fundamentalmente de caza, realizada por algunhas rexións de África
Etimoloxía
Préstamo do inglés, que se tomou do suahili e este do árabe safar 'xornada en caravana, expedición’.
Exemplos *
“(...) estirábame na cama, pechaba os ollos e estaba nun safari africano, pero alí a calor era sufocante e odiaba os mosquitos depredadores de sangue.” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz / Borras de café, 2000)
“(...) fora, ao parecer, un aguerrido cazador que, de crer as cousas que el conta, mesmo chegara a participar nalgún safari por terras de África.” (Paco Martín: A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe / Perdición, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.