saia

Peza de vestir que parte da cintura, á que vai cinguida, e que pode ser máis ou menos longa

Etimoloxía

Vocábulo que vén do latín vulgar *sagia ‘manto’ que procede do clásico sagum ‘saio’.

Exemplos *

“As secuelas dunha lesión muscular na perna esquerda xusto debaixo do xoenllo. É a miña ferida de guerra, algo que levei sempre con orgullo e que non me impediu poñer unha saia curta, ou unha minisaia cando me pareceu oportuno facelo.” (Helana Villar Janeiro: A Voz de Vilalba, 3-2013)

“Lémbroa vestida cunha blusa branca e unha saia de cor azul. Tiña certa semellanza, polo que recordo, con algún dos retratos que Murillo fixo da Inmaculada.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / O cadaleito branco, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.