sainete

Peza teatral de carácter cómico e popular, representada nun só acto

Etimoloxía

O vocábulo ten a súa orixe no termo do francés antigo saïn, que remitía ao equivalente do latín vulgar saginum ‘bocado co que se alimentaban os animais’, a palabra foi recollida no teatro para designar as pezas pequenas que se convertían en bocados pequenos e agradables.

Exemplos *

“Unha moxiganga que vos ofrecerá a estrea do chocarrandeiro sainete titulado A farsa das samesugas públicas.” (Agustín Magán: Os rebertes. Retablo escénico en catro cadros, 1993)

“Faciamos veladas, porque cáseque eran a única diversión factible nas aldeas, agás as festas tradicionais. Adoitaban ser sainetes costumistas. A miña dedicación máis intensa ó xénero dramático foi máis serodia, na década dos corenta.” (X. Amancio Liñares Giraut: Conversas con Avelino Pousa Antelo. Memorias dun Galego Inconformista, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.