Bebida alcohólica obtida pola fermentación do arroz
Etimoloxía
Préstamo do xaponés.
Exemplos *
“Foron felices demorándose na conversa, definindo un inventario de compatibilidades nas que tamén incluíron a comida xaponesa, o sake quente, a cervexa Sapporo e o té de xasmín con azucre en pedras.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)
“Uns meses atrás Nagisa chegara á casa e atopáraa no sofá cunha vendedora de cremas a domicilio, as dúas ben coloradochas e cos vasiños do sake diante.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


