Local público de grandes dimensións destinado ao baile, onde hai actuacións musicais
Etimoloxía
Frase conformada por “sala” que procede do xermánico*sal ‘edificio’ e “festas” voz que bebe na latina festa de significado semellante.
Exemplos *
“Ao que rematou o banquete, leváronnos a unha sala de festas onde bailamos valses vieneses, máis ca nada, cunhas rapazas preciosas, elegantes e xentís.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)
“Os veciños gozaban de múltiples opcións en que pasar o tempo, desde se xuntaren no adro da Igrexa románica de Santa María de Oza, até se reuniren para botaren a partida no Liceo de Artesáns, iren bailar á sala de festas Saratoga.” (María José Piñeira Martiñan: Sermos Galiza, 10-8-2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.