sala

Local dun edificio público destinado a diferentes actividades

Etimoloxía

Crese que a orixe deste termo está no xermano *sal 'edificio no que hai unha soa peza de recepción'.

Exemplos *

“Estivo na Biblioteca Xeral e non a atopou sentada na sala de lectura, tampouco no pequeno xardinciño do patio sombreado.” (Blanca Riestra: Noire Compostela, 2016)

“A pesar de contar con tantos volumes non había nela grandes salas de lectura, nin grandes depósitos con estanterías para garda-los volumes, xa que daquela estes non tiñan a forma do libro actual.” (Lois Arribas: ¿Que é unha biblioteca?, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.