Anfibio da familia dos salamándridos (Salamandra salamandra), de pel lisa e brillante, de cor negra con manchas amarelas.
Etimoloxía
Procede do grego salamándra 'salamántiga, píntega', e chega a través do latín salamandra, co mesmo significado.
Exemplos *
"e o fillo, dis que viu unha salamántiga que bailaba no medio dun lume que ficara acendido no medio do camiño, unha visión moi pouca dada ós homes." (Lois Pérez Díaz: Saltimbanqui)
"retirándolle as sobras do almorzo e fregándolle a cara lagañosa con dedos rudos igual que guizos, con auga fría da fonte que o estremecía como se lle pasase polas fazulas unha salamántiga." (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.