salame

Salchichón groso

Etimoloxía

Palabra de orixe italiana salame que, á vez, é un derivado sobre o vocábulo sale ‘sal’.

Exemplos *

“A moza que leva un retrato noso na bolsa e bocadillos de salame en cestos de vimbio.” (Xabier López López: Biff, bang, pow, 1997)

“A dúbida feroz de se os cortes de dixestión non serán un deses outros contos coma o sacaúntos ou o home do saco. O bocadillo de salame e manteiga co bañador mollado.” (Xabier López López: O mono no espello, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.