Embutido feito en tripa delgada con carne picada ou esmagada e diversos condimentos, para consumir en fresco ou preparado para conservarse
Etimoloxía
Procede do italiano salciccia
Exemplos *
“Sabes, Trosqui? Nós os dous imos dar un paseo polo parque do Mosteiro. De camiño, heiche mercar salchichas deliciosas na tenda da señora Carme.” (Ricardo C. Mora: A cidade dos anxos, 2011)
“Durante tres semanas non volveu probar unha salchicha, abstinencia que pagaron as pastas e o leite condensado.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


