salchichón

Embutido feito en tripa grosa con xamón, touciño e pementa, que se come cru despois de curado

Etimoloxía

A palabra é o aumentativo de “salchicha” que é a adaptación do termo italiano salciccia de significado semellante.

Exemplos *

“Viñan as pastillas de chocolate, as grosas con ásperas e negras onzas para facer e as máis refinadas, con leite e améndoas, para merendar con pan; as caixas de lata de galletas e as pezas (...) de salchichón e solombo curado.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“Estaba eu tan tranquilo sentado diante da mesa da cociña da casa. Tiña diante miña un prato cun bocadillo de salchichón que acababa de me preparar.” (Suso de Toro: Tic tac, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.