salgueiro

Árbore da familia das salicáceas, de folla caduca, propia de lugares húmidos, da que existen numerosas especies, case todas de ramas longas e flexibles e de follas lanceoladas e tomentosas

Etimoloxía

Designación que bebe do latín vulgar *salicarius que procede do clásico salix ‘salgueiro’.

Exemplos *

“Nunha esquina da casa, un salgueiro chorón ponlle límites á escuridade da noite.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

“Das curvas dos montes, dos meandros do curso, dos perfís de ameneiros, salgueiros, castiñeiros; do brillo das gotas nas follas; do paso de alegres paxaros pequenos sempre a enredar e a cantar.” (Bernardino Graña: Curros Enríquez e os gansos, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.