salitre

Substancia salgada que se forma nas paredes húmidas ou aflora no chan, ou aquela que cobre unha superficie que estivo en contacto coa auga do mar

Etimoloxía

Voz que procede do catalán salnitre que bebía do latín sal nitrum ‘sal de natrón’.

Exemplos *

“Mirou as mans e tomou folgos, sentindo o aire puro nos seus pulmóns, en cada alvéolo, en cada gota de sangue.Volveu notar a brisa do salitre na faciana, o recender da area do areal e os sons das gaivotas choronas.” (Juan Manuel Parcero Martínez: Sangue no ollo, 2011)

“Ulía a mar e a verán, nunha mestura de salitre e bronceador, peixe fritido e ensaladas. (...) As cunchas da praia estraban o asfalto aburacado, renxían baixo os pés ao pisalas e quebraren.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.