Auga saturada de sal, particularmente aquela en que se conservan carnes, peixes e outros alimentos
Etimoloxía
Denominación que se crea no latín sale e muria ‘salmoira’.
Exemplos *
“Como era habitual nas casas mariñeiras, o pío para a salmoira, que non faltaba alí na bodega, usábase para arrefriar a champaña.” (Sabino Torres: As tres columnas, 2008)
“Afumar é un dos modos de conservar o porco ou o peixe en Galicia, mantenzas que acotío miramos penduradas na lareira, recollendo o fume. Primeiro ponse nunha salmoira sal na auga ata que flote unha pataca.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


