salpicón

Prato preparado a base de alimentos picados como peixe, marisco, ovos, pementos, cebola etc., e condimentados con sal, aceite e vinagre

Etimoloxía

Palabra que remite aos vocábulos “sal” e “picar”, ‘partir en anacos’, e serven para describir a comida que designa.

Exemplos *

“Nivardo mostrouse conforme e pediu un salpicón de marisco e cabala ó forno. O xornalista inclinouse por unhas ameixas e uns mexillóns e, de segundo, unha pescada de Celeiro á galega.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña, 2010)

“Todos encantados: empregados, comensais. E tamén Suceso, que deglutiu unha prata enorme de salpicón de marisco, bebendo albariño nunha cunca situada ao efecto baixo a mesa.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.