salsa

Líquido máis ou menos espeso preparado con aceite, especias e outros ingredientes, no que se preparan certas comidas ou que se utiliza para acompañalas

Etimoloxía

Palabra que procede directamente do latín salsa ‘cousas salgadas’.

Exemplos *

“A combinación de sabores inesperados e a presencia constante de varias salsas moi elaboradas en cada un dos pratos, fíxolles recordar aquela como unha das mellores comidas dos días da súa vida.” (Xavier Senín: O Correo Galego, 29-11-2000)

“Para facer esta salsa de sal e auga, primeiramente escollíanse os píos que se ían encher de mocarte ou de sardiña.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí