salsa

Música de orixe caribeña de ritmo vivo e alegre con influencias do folclore afrocubano.

Etimoloxía

Déuselle esta denominación utilizada inicialmente para o prebe e procedente da forma idéntica do latín, creada a partir de sal, pola súa mestura de estilos.

Exemplos *

"Semellaba que toda a xente deixara desertas as casas e se reunira arredor do grupo de salsa …" (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos homes)

"… as comparsas do centro urbano e das parroquias pontevedresas, e doutras vilas dos municipios próximos, puxeron a calor da música de samba e salsa, que axudou a que máis de catro movesen as súas cadeiras …" (O Correo Galego 18-02-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.