saltar

Separar o corpo do chan co impulso das pernas, en particular cando se trata de impulsos continuos, pequenos e relativamente bruscos

Etimoloxía

Palabra que vén do latín saltare que significaba ‘danzar’, sendo o intensificador de salire ‘brotar’.

Exemplos *

“É fermosa a mañá, ese sol alto , de novembro, ese sol de outono, outro outono, ciscado coma unha cullerada de mel riba dunha tallada de pan. A nena que salta á corda é fermosa.” (Xabier López López: O caderno, 2001)

“Mira, na próxima feira conseguireiche unhas do trinta e cinco, vermellas e moi bonitas. ¿Paréceche? _¡Siiii!_ aledouse a cativa, saltando cos brazos festeiros.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.