salterio

Libro da Biblia que contén os Salmos

Etimoloxía

Termo que procede do latín da igrexa psalterium ‘libro de salmos’.

Exemplos *

“Pasara a maior parte da súa vida no convento, entre as agullas, os salterios e as vidas dos santos. As maneiras que gastaba eran o froito dunha austera educación.” (María Gándara: Magog, 1997)

“É o camiño que vai dos poemas lidos no Seminario a Trinitarias, a Vieiros, La soledad confusa, O silenzo axionllado, Anxo da terra, Poemas pendurados dun cabelo, Salterio de Fingoy; o dun mestre cantor, poeta catedrático da que chamamos Xeneración do 1927.” (Xosé Filgueira Valverde: Adral 6, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.