Insecto herbívoro da orde dos ortópteros, do que existen diversas especies, que está dotado dunhas patas posteriores moi longas, coas que dá grandes saltos
Etimoloxía
Palabra derivada a partir do verbo “saltar”, este procede do análogo latino saltare “bailar”.
Exemplos *
“Manolo durmía diante dunha caravana grande, mentres que Mica ensaiaba co seu violín e observaba un saltón que ía pegando saltos de bicicleta en bicicleta.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)
“Soamente algún que outro saltón, lagarto, abella ou paxaro seguían indo e vindo, coma sen tino, na procura da súa mantenza.” (Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.