Etimoloxía
Voz culta que procede da latina salūbris.
Exemplos *
“Este negocio ten dous públicos ben diferenciados. Un son os países desenvolvidos aos que a industria da auga tenta seducir con novos tipo de auga. O outro son os países en desenvolvemento aos que se lles ofrece esta auga, como alternativa á auga da billa pouco salubre.” (Ramsés Pérez: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 1-2010)
“O Instituto Francés de Investigacións Mariñas entre outras cousas dedícase ó aproveitamento de augas subterráneas salubres que presenten condicións para o cultivo... O cultivo de microplancto complétase cos experimentos para producir bivalvos –sobre todo ostras–, en terra...” (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.