Que é bo para a saúde ou que a proporciona.
Etimoloxía
Vén do latín salutifer, -era, -erum, formado coa combinación de salus, -utis 'bo estado' e o verbo ferre 'levar'.
Exemplos *
"Á luz dos farois saltaban lebres de orellas arrepiadas, e sentíase un recendo resinoso e salutífero." (Xavier Alcalá: Latitude austral)
"… tal é Dorinda, cuxo corpo desprende, para min, resplandores de simplicidade salutífera e reconfortante." (X.L. Méndez Ferrín: Arraianos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.